Friday 17 de May de 2024

O Partido Popular prestará atención presencial con carácter semanal nas casas do pobo de Oleiros a través dos seus concelleiros.


Pretendemos que os veciños non se teñan que desprazar para realizar trámites ante o consistorio.

Esperamos obter a representación necesaria na próxima lexislatura para establecer días e horas que faciliten aos veciños a consulta e información sobre temas municipais.

O Partido Popular de Oleiros a través do seu grupo municipal establecerá un calendario de gardas dos seus concelleiros nas distintas parroquias que sirvan para que os veciños poidan expor as súas dúbidas e reivindicacións sobre calquera aspecto da actividade da corporación.

Entre outras cousas, tamén se ofrecerá a posibilidade de facer tramitacións e solicitudes de documentos municipais.
“Ademais, servirá para asesorar e informar sobre aquelas cuestións que lles afecten.” Manifestou Loli Silva candidata á alcaldía.
“O principal obxectivo é que o veciño non teña que desprazarse para facer determinadas xestións ata a Casa do concello, en definitiva, trátase de achegar a administración ao cidadán” Engadiu a candidata popular.